CATÁLOGO DOS
CASTROS GALEGOS. TERRA DE LOBEIRA / Florentino L. Cuevillas e Xurxo
Lorenzo
1934
Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta, Rúa do Vilar, 15. Santiago
Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta, Rúa do Vilar, 15. Santiago
37 p ; 29 Cm.
A separata exenta dedicada á Terra
de Lobeira e que forma parte da serie Catálogo
dos Castros Galegos, foi escrita por Florentino López Cuevillas e Xurxo Lorenzo Fernández en 1934.Este foi o último traballo de Xurxo Lorenzo, irmán de Xaquín Lorenzo, falecido en abril deste mesmo ano.
Os traballos de campo sobre os castros galegos foron impulsados por Florentino López Cuevillas, iniciador dos estudos prehistóricos en Galiza, a quen ocasionalmente acompañaron outros investigadores nalgunhas destas descubertas.
Das cinco achegas que forman a serie dos Castros Galegos publicadas polo SEG, catro foron editadas tamén no boletín Nós. Estas son as dedicadas ao Val de Vilamarín, a terra de Celanova, a terra do Carballiño e a terra de Lobeira, coa cal pechouse a serie.
Hai tamén unha quinta achega publicada pola editorial Nós en 1931 e que non foi incluída no boletín, dedicada á bisbarra de Melide.
Os textos editados no boletín Nós apareceron en vinte e un números diferentes entre outubro de 1927 e outubro de 1933.
Catálogo dos Castros Galegos. Val de Vilamarín. Vicente Risco, Arturo Noguerol, Arturo Suárez, Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey.
Nós nº 46, 15.10.1927, Pp. 18-23 (castro da Martiñá, castro de Baínte, castro de Frameán, castro de Mugariza).
Nós nº 47, 15.11.1927, Pp. 10-13 (castro de Morgade, castro de Marcelle, castro das Fontelas).
Nós nº 49, 15.01.1928, Pp.13-15 (castro Santa Adega, castro de Río).
Nós nº 50, 15.02.1928, Pp. 29-36 (castro da Madanela, monte do Piñeiro).
Nós nº 51, 15.03.1928, Pp. 53-56 (considerazóns filolóxicas).
Catálogo dos Castros Galegos. Terra de Celanova. Alfonso V. Monxardín, Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey.
Nós nº 52, 15.04.1928, Pp. 62-65 (castro de Trelle, outeiro de Vimieiros, A Rodeliña).
Nós nº 54, 15.06.1928, Pp. 114-117 (Outeiro de Pazos, a peneda da Lebre, outeiro de San Marcos).
Nós nº 55, 25.07.1928, Pp. 129-131 (Outeiro de Fontefría, A Rodela, o monte de Castro).
Nós nº 56, 15.08.1928, Pp. 155-156 (O castrillón, castro de Berredo, castro de Mourillós).
Nós nº 57, 15.09.1928, Pp. 168-172 (O Furriolo, outeiro de Rubiós, o Castromao).
Nós nº 58, 15.10.1928, Pp. 185 (Castro de Ourille).
Nós nº 59, 15.11.1928, Pp. 203-208 (Considerazóns arqueolóxicas).
Nós nº 60, 15.12.1928, Pp. 230-232 (Considerazóns Folk-lóricas).
Nós nº 61, 15.01.1929, Pp. 14-15 Considerazóns Folk-lóricas proseguimento).
Catálogo dos Castros Galegos. A terra do Carballiño. Florentino López Cuevillas, Luís Pericot, Bernardo Castro, Xoaquín Lousada, Xosé R. Oxea, Sebastián González, Xosé Filgueira
Nós nº 68, 15.08.1929, Pp. 133-137 (Castro de San Facundo, castro do Monte de Ollos, a cidá ou castro de Orros).
Nós nº 69, 15.09.1929, Pp.152-155 (Outeiro do Castro, castro de Souteliño, castro de Cameixa).
Nós nº 70, 15.10.1929, Pp. 173-174 (Castro de Moldes, castro Meimón).
Nós nº 74, 15.02.1930, Pp. 31-38 (Considerazóns arqueolóxicas e folk-lóricas).
Catálogo dos Castros Galegos. Terra de Lobeira. Florentino López Cuevillas, Xurxo Lorenzo
Nós nº 116, 15.08.1933, Pp. 174-182 (A coroa de Santa Cristiña).
Nós nº 117, 15.09.1933, Pp. 189-200 (O coto da Xulleira, o Crasto, o coto da Vila, a coroa de San Xés, o Crastelo, o coto de San Adrao).
Nós nº 118, 15.10.1933, Pp. 211-224 (Consideracións arqueolóxicas e folk-lóricas).
En concreto este último volume estuda a terra comprendida entre a Arnoia e o Limia, que comprende os montes de Bande e a serra do Leboreiro e descende deica o val do Limia.
Abrangue a terra que imos estudar no seu
aspecto castrexo, o anaco da beira dereita da cunca do Limia comprendida dende
a desembocadura do Aveleda, e o val enteiro de iste riacho, que ten a sua
iniciación na soá do Leboreiro e que vai morrer no Limia entre as veigas case
ribeiráns da parroquia de Cabaleiros.
O traballo comeza co estudo da coroa de Santa Cristina, situada no concello de Lobeira e na parroquia
de Santa Cristina de Montelongo. Esta é unha acrópole castrexa que pecha un
recinto central protexido por un terraplén e dous foxos exteriores. O castro
ten forma elipsoidal e abarca unha superficie de 210 x 101 metros.
A cultura popular relaciona este castro cos mouros e
informa da existencia de ouro agochado e dun cruceiro afundido no Limia, no
lugar onde desemboca un túnel que parte da Coroa.
Os mouros da croa
quixeron de unha vez levar o río Cadós, máis cando o facían, chegóu o Señor
Sant-Yago e matóunos á todos.
O segundo estudo trata do couto da Xulleira, situado na mesma parroquia de Montelongo. Esta emprazado
sobre un esporón no mesmo macizo onde tamén está o castro da Coroa. Existen
vestixios dun foxo, pero o castro está protexido principalmente pola súa
particular topografía. O emprazamento puido ser un posto avanzado do veciño
castro da Coroa. As medidas aproximadas son 83 x 52 metros.
O Crasto tamén
está situado no concello de Lobeira e na parroquia
de Fraga. Ocupa a plataforma dun outeiro e non ficaron restos de muros nin
foxos, sendo probable que as defensas artificiais ficasen reducidas a estacadas
ou valados. O espazo mide 80 x 70 metros.
O couto da Vila está
situado no mesmo concello, na parroquia
de San Vicente de Lobeira. Actualmente sobre a superficie do castro está edificada
a igrexa parroquial e a maioría das casas da vila. A superficie superior do
castro está achanzada, constituíndo unha extensa plataforma de 392 x 397 metros.
O monte cae en terrazas e conserva vestixios de dous foxos paralelos. Segundo
as lendas, a Vila estivo noutro tempo cercada por murallas e era unha praza
forte.
Nas penedias que hai
onde a ponte Avedela, por baixo do coto, hai unha cidade moura e ainda se sinte
falar e tecer dentro. N-algunha ocasión ô pasar xente ten saido unha moura que
baixa ô río recolle auga n-un caneco e lévalla pra beberen. Logo que beberon
vólvese meter deseguida nas penedas. Tamén eiquí ahi tesouro. Pra buscal-o
foron tres veciños de Facós e puxeron un barreno, máis non atoparon res.
A coroa de San Xés,
tamén no concello de Lobeira, parroquia
de San Xés, preto do couto da Vila, consta dunha plataforma circular
perfectamente achanzada sobre un terraplén e rodeada dun foxo. A superficie do
castro ocupa 65 x 67 metros.
O Crastelo está
emprazado no concello de Lovios, na parroquia de San Mamede de Grou e ocupa
un outeiro, onde o espazo habitado estaba protexido polas pendentes e ocupaba
un espazo de 49 x 75 metros.
Por último, o couto
de San Adrao está situado no concello de Lobeira, na parroquia de Cabaleiros. Ocupa un dos chanzos do monte do Viso,
protexido polas súas ladeiras xunto cun terraplén e un foxo. O castro mide 39 x
49 metros. Este lugar tamén é coñecido como O Miradoiro dos mouros.
O traballo inclúe na súa parte final unha recensión
arqueolóxica sobre os emprazamentos, analizando entre outros aspectos as
portas, habitacións e obxectos atopados.
Por último, os autores recollen as tradicións aínda
presentes na zona e que falan dos mouros que habitan os castros, dos tesouros,
dos lugares soalleiros onde danzan os mouros, dos esconxuros para obter os
tesouros, da vida soterrada baixo a plataforma dos castros e das cidades
asolagadas.
É curiosa a atribución
ôs mouros da capela de San Adrao, reveladora da elasticidade conque se aprica
tal calificativo a calquer cousa antiga, con disprezo absoluto da historia e da
cronoloxía.
(1) Fonte da imaxe de Florentino
López Cuevillas: lavozdegalicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario