venres, 1 de setembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 17



Cabanillas obtivo unha pensión das deputacións de Pontevedra e Ourense na primavera de 1927 que había permitirlle volver a Cambados e levar unha vida, senón folgada, si decorosa.

Desde que en 1910 emigrou a Cuba non residiu no pobo durante períodos prolongados e, máis que nun veciño, convertérase nun visitante. Unha vez instalado de novo coa familia, confésase abafado diante de Peinador.
 
Cambados – 5 Febº 1928

Sr. D Enrique Peinador

Querido Enrique: Enterrado en este Cambados, frío y silencioso como una tumba, ni sé nada del mundo (no leo ni el Faro) ni salgo a parte alguna, como no sea a Padrenda en donde dos días por semana paso unas horas con el buen Cura.

Tuve a mi mujer bastante mal: creo que ya te escribí que los médicos sospechan, aunque no le conceden gran importancia, que padece una falsa angina de pecho.

Lentamente, pero como preocupación literaria unica, trabajo en el discurso para la Academia. Te agradecería muchísimo que me enviases “Los Precursores”, de Murguía, certificado, a Cambados, porque perdí una nota que recogiera sobre el artículo dedicado a Pondal. También quisiera el número de “La Temporada” en que se publicó un articulito mío, con unas octavas reales de “Os Eoas” y una poesía de él hablando de cómo deseaba ser enterrado.

Tengo todos los datos de nacimiento, carrera, etc, pero, con todo, deseo hablar con Isidro de algunos particulares, y aprovecharé para ello la primera ocasion en que me sea facil ir a Santiago, en donde no estuve desde el banquete a Novoa Santos. Choncha Fraga, discípula de Isidro, me trajo recientemente noticias de que estaba bien, lo mismo que Avelina, y que deseaba verme.

Hace mas de 15 dias que sufrimos un mal tiempo incómodo y desazonante que no lleva trazas de acabar.

Supongo que todos vuestros asuntos irán bien, como es mi mayor y mas cordial deseo. Y quiero creer que tu salud, que es lo mas importante, será tan buena como mi deseo.

Recuerdos a los buenos amigos.

Ya sabes que estoy siempre a tus órdenes y que, por afecto y por agradecimiento, ocupas y ocuparás siempre el primer puesto en mis devociones.

El Cura, Enrique Vidal y Lorenzo Gómez te recuerdan siempre con gran cariño y me preguntan constantemente por ti.

Te abraza con todo el alma tu buen amigo

Ramón


Ramón Cabanillas formou parte da Sección galega da Academia da Lengua Española entre 1927 e 1959, data da súa morte. O decreto polo cal oito representantes dos idiomas catalán, galego e éuscaro pasaron a formar parte da Academia promulgouse en novembro de 1926 e foi derrogado en maio de 1930. Non obstante, os membros das chamadas seccións especiais mantiveron a condición de académico mentres viviron.

Desde xullo de 1927 sabemos pola prensa que Cabanillas anda a voltas co discurso de recepción na Academia e, polo que conta na carta, o traballo prolongouse alén de febreiro de 1928.

Ao cabo, o poeta tomou posesión como académico o 26 de maio de 1929 coa lectura do texto: Un recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal, contestado polo Marqués de Figueroa. O discurso foi editado na imprenta do balneario de Mondariz.

A carta tamén nos permite saber que Cabanillas asistiu ao banquete de homenaxe a Roberto Nóvoa Santos logo de aprobar este a oposición á cátedra vacante de Patoloxía da Universidade de Madrid.

Desde ese día no volveu pisar Compostela e, segundo informa na carta, ten intención de visitar a Isidro Parga Pondal, xenro de Enrique Peinador, casado coa súa filla Avelina, e parente de Eduardo Pondal – o avó foi irmán do poeta –, quen por este tempo era profesor auxiliar de Química Inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias da USC.

A discípula de Parga que actúa como nexo entre el e Cabanillas é a cambadesa Encarnación Fraga Padín, licenciada en Química e Farmacia e socia protectora do Seminario de Estudos Galegos.

O crego Enrique Vidal, de quen tamén fala na carta, pode ser o mesmo a quen dedicou o poema Da traxedia de Pierrot, aparecido en Vento Mareiro. Quizais coincida ademais con Enrique Vidal Oubiñas, irmán de Juan Vidal, amigos os dous de mocidade do poeta. Este irmán foi expulsado canda Cabanillas do Seminario Conciliar de Compostela en 1892, poñendo fin á carreira eclesiástica de ambos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario