mércores, 15 de novembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 22



Cabanillas escribe de novo a Peinador en novembro de 1929 para informalo das xestións do lobi galego en Madrid, decidido a obter do goberno o compromiso sobre a construción dun camiño de acceso ao balneario de Mondariz.

Sr. D. Enrique Peinador

Querido Enrique: Estuve con Callejo. Me dijo que acordado y aprobado, como lo está en Consejo de Ministros, el crédito para la ejecución de las obras, espera, para anunciar la subasta, a que le dé el dinero el Ministerio de Hacienda, que, según él, anda un poco apretado para lograr una buena liquidación de fin de año. Insistió en que desea que pongan la cantidad en la cuenta de Instrucción porque no quiere que después haya entorpecimientos.

Creo, pues, que el asunto depende ahora de Calvo Sotelo. Tal vez fuese conveniente que Vicente apretase a éste porque, sea o no sea verdad, no le conceden mucha vida a la situación. No creo la mayor parte de lo que se cuenta, pero todo parece indicar que hay bamboleo.

Recuerdos de Basilio.

Te abraza

Ramón

Muy de prisa
Madrid – 20 Nov.


Eduardo Callejo, aliado de Peinador no Consello de Ministros, foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante a ditadura de Primo de Rivera.

Cabanillas confirma a información facilitada polo marqués de Figueroa, segundo a cal o goberno concedeu o crédito para executar a obra. Agora todo depende do tamén galego Calvo Sotelo, ministro de Facenda, quen debe asignar os cartos ao presuposto de Callejo.

O procedemento non pode ser máis irregular porque debería ser o ministerio de Economía, de quen depende o departamento de Obras Públicas, quen licitase as obras e non o de Instrución, poñendo así de manifesto a tradicional importancia dos apadriñamentos na política española.

En todo caso e como intúe Cabanillas, resulta probable que o expediente non chegara a executarse, por moito que recomende a Peinador falar con Vicente Riestra, xenro do seu irmán Ramón e deputado na Restauración, pedíndolle que interceda diante de Calvo Sotelo para que acelere o procedemento, porque o goberno está en precario. De feito, o xeneral golpista Primo de Rivera dimitirá dous meses máis tarde; o 28 de xaneiro de 1930.



Ningún comentario:

Publicar un comentario