venres, 1 de decembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 23



Mentres Cabanillas agarda en Cambados polo inicio das sesións da Academia Española para desprazarse a Madrid, aproveita a ocasión para poñer ao día a Enrique Peinador sobre as rexoubas políticas que corren polo pobo.

Cambados, 15 de marzo 1930

Sr. D. Enrique Peinador Lines

Querido Enrique: Ya tenemos a Barrón (1) en funciones!

Según me dicen al Gobernador hay que darle, de vez en vez, una inyección de bugallalismo para que no flojee. También me aseguran que los nombramientos de la Diputación y algunos ayuntamientos están detenidos por Raymundo (2). Parece que no todo el monte es orégano! Me han dicho que Casas quería que el Alcalde de ahí fuese Avelino, pero yo continúo creyendo que no habrá nombramiento.

Acabo de recibir el pase para asistir a las sesiones reglamentarias de este mes y espero salir para Madrid del 17 al 20. Como iré a saludar a Tormo aprovecharé la ocasión para hablarle de las obras del Sanatorio. Escríbeme lo que se te ocurra que haga en el asunto y dirígeme las cartas a la Academia porque pienso ir a ella todos los días para extender a máquina más papeletas que tengo preparadas.

Me escribió Viguri que espero me resuelva el asunto muy pronto. 

¿Cómo está lo del empréstito? Creo muy conveniente que se haga. Calculo que el expediente debe estar terminado.

Como aún no resolvieron lo de las dietas y estoy sin una peseta giré trescientas pesetas contra Alcalde: te ruego le indiques que atienda el giro.

Supongo que tendrás buenas noticias de Avelina e Isidro.

           Te abraza con el mayor afecto tu buen amigo

Ramón

Aquí andan a trastazos los políticos nuevos, los viejos y los de mediana edad. Hay risa para rato.


O Bugallalismo foi un dos grupos caciquís da Galiza rural caracterizado polo culto á personalidade do líder e por agrupar as chamadas “forzas vivas”, de carácter conservador e socialmente excluíntes.

E se ben Cabanillas, predestinado pola orixe humilde a cantar as louvanzas dos caciques, rompeu con este destino na xuventude ao confrontar con quen dominaba os resortes do poder, o cal acabou valéndolle o desterro en Cuba, na madurez adoptou unha actitude máis pragmática.

Logo da decepción que supuxo o abandono do posto de secretario no concello de Mos á procura dun destino incerto en Madrid, sen ingresos recorrentes que lle permitisen manter a familia e sabendo que os cartos públicos, e tamén os privados, están nas mans dos caciques, Cabanillas, fornecido dun notable instinto para fomentar as relacións sociais, procurou o contacto cos poderosos, que aceptaron o achegamento satisfeitos por ter domeado o irredento Poeta da Raza.

Non obstante e a pesar de prestarse ao xogo dos caciques non abandonou a ideoloxía galeguista, modulada por unha posición conservadora.

Na carta enviada a Peinador podemos ver como é quen de achegarse a eles, sen perder, iso si, a sorna que o caracteriza.

(1)  Manuel Fernández Barrón, xenro de Gabino Bugallal, representante do bugallalismo e deputado conservador en catro convocatorias polo distrito de Ponteareas.
(2)  Raimundo Riestra Calderón (Pontevedra, 1882 – A Toxa, 1967). Segundo marqués de Riestra. Deputado, banqueiro, subsecretario do goberno e director do xornal La Correspondencia Gallega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario